'Julio César' e 'Las bingueras de Eurípides', as seguintes pezas da Mostra de Teatro Clásico de Lugo

LugoXa
A programación da XXIV edición da Mostra de Teatro Clásico continúa a ofrecer unha variedade de propostas para os amantes do teatro no Auditorio Municipal Gustavo Freire.
ruben arroxo maite ferreiro bng Lugo audotorio gustavo freire
13 Mar 2024

A programación da XXIV edición da Mostra de Teatro Clásico continúa a ofrecer unha variedade de propostas para os amantes do teatro no Auditorio Municipal Gustavo Freire. Este xoves a Companhia do Chapitô pon en escena a súa versión de Julio César, dirixida por José C. García e Cláudia Nóvoa. Jorge Cruz, Pedro Diogo e Susana Nunes forman o elenco desta creación teatral baseada nos eventos da vida desta personaxe histórica, inmortalizada polos grandes narradores, desde Plutarco a Shakespeare.

A 39ª creación colectiva do repertorio desta compañía segue explorando a comedia coma linguaxe para reinventar a historia. Pola súa parte, Las Niñas de Cádiz achegan Las bingueras de Eurípides o venres tamén a partir das 20.30 horas. A versión de Ana López Segovia, baixo a dirección de José Troncoso, conta no seu elenco con Alejandra López, Teresa Quintero, Mer Lozano e Rocío Segovia, entre outros.

A peza achega a historia de Dionisio que baixa á Terra en forma de muller para enfrentarse ao Suasenaguer, un policía empeñado en pechar un bingo ilegal do barrio, onde se xuntan cada tarde un grupo de mulleres para xogar, pero tamén para compartir as súas intimidades, as súas penas, as súas alegrías, e algunha que outra copiña de anís. Servando intentará disuadilo das súas intencións, mostrándolle que na vida ás veces hai que ser máis flexible e permisivo. Pero o fanático policía, obsesionado co cumprimento da lei, desoirá os seus consellos, arrastrando a todos a un final tráxico.

As entradas poderán adquirirse a través do portal  a 8 euros nos espectáculos para público adulto e 3 euros os espectáculos para público familiar que teñan lugar no auditorio. As persoas en paro, menores de 30, pensionistas e actores e actrices asociadas á AAAG poderán desfrutar dun 30 % de desconto. Ademais, poderase comprar un bono que incluirá toda a programación para público adulto a un prezo de 40 euros.

 


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.17770004272461