Lá e ovellas

TerraChaXa | RibeiraSacraXa | SarriaXa | LugoXa | AMariñaXa
Apuntamentos Veterinarios. As últimas novidades dos estudos realizados sobre esta materia, tanto en mascotas como animais de granxa.
breixo
10 Sep 2021

Por Breixo González

Puntos a ter en conta cando se crían ovellas:

Hoxe imos falar de certos aspectos sobre a cría de ovinos a nivel básico.

As ovellas son ruminantes (é dicir realiza a rumía cun estómago complexo como vacas e cabras), polo tato a sua dieta ten que ser a base de forraxes , as ovellas son grandes transformadoras de forraxes incluso os de baixas calidades) o manexo alimenticio sobre todo nos forraxes debemos recordar que un exceso de leguminosas ou unha excesiva presión sobre os prados pode dar lugar a meteorismos (exceso de gas no transito dixestivo).

Outro punto a ter en conta é que o ovino , agás certas razas de orixe africana) están cubertas de lá , a lá  é unha fibra natural que cobre gran parte del corpo de los ovinos e que a súa principal función é manter a temperatura corporal protexendo ó animal no inverno  Sin embargo, desde fai séculos quen se adican a gandería ovina teñen tosquiado as ovellas para manter ó animal san e poder utilizar a lá como un sistema de abrigo. Grazas a ela pódense confeccionar prendas de roupa como bufandas, xerseis ou abrigos que permiten abrigarnos con un tecido suave e resistente a las temperaturas más extremas. As ovellas precisan recortar a lá, polo menos unha vez o ano , de xeito normal no verán  xa que así evitamos que se acaloren  e que enfermen. De feito, aproveitase esta época do a o xa que soe coincidir  co levantamento da lá  que é cando o pelo comeza a desprenderse da pel do animal de xeito natural. A diferenza do que se poida pensar , se a tosquía a realiza alguén adestrado na mesma  a ovella non é mancada.

Outra laboura que hai que coidar son os pezuños doa animais , sobre todo os que andan toda a vida en terreo brando e non desgastan os mesmos , e este sobrecremento   fai que acumulen lama e pedras e causar infeccións nas extremidades.

Por ultimo con respecto a prevención de enfermidades, é fundamental levar un control fronte a parásitos: no caso dos internos é fundamental a desparasitación fronte a nematodos (vermes redondos) que afectan o tránsito dixestivo e pulmonar e tamen fronte a fasciolose que é un trematodo  que afecta o figado e causa hepatites.

No ámbito preventivo tamén debemos ter en conta as vacinación fronte as clostridioses e vasquilla que son enfermidades causadas por bacterias produtoras de toxinas que danan diversos órganos internos dos animais.

No caso das desparasitacións externas teremos en conta a piollos pulgas e carrachas e a prevención das sarnas.

0.16420102119446