Castroverde presenta o cartel completo das súas festas

LugoXa
Castroverde celebrará as súas festas na honra ao Santiago Apóstolo cun amplo programa no que estarán La Misión, o Grupo Extra e La Fórmula, entre outras formacións
festas_castroverde
Festas Castroverde
2 Xul 2024

Do 24 ata o 27 de xullo Castroverde celebrará as súas festas na honra ao Santiago Apóstolo cun amplo programa no que estarán La Misión, o Grupo Extra e La Fórmula, entre outras formacións.  O día 24 os asistentes poderán gozar do Grupo Cano, formación asturiana que ten como obxectivo de divertir ao público, facendo un repertorio do máis variado, combinando talento e baile. Estarán acompañados de La Misión, referente nas festas e eventos de todo España.

O seu espectáculo considerase coma o máis grande do territorio nacional, para o cal necesitan ata 5 tráilers. O día do Santiago Apóstolo haberá misa solemne e procesión a partir das 13.30 e sesión vermú con Estelamar ás 14.30. pola tarde, a partir das 19.30, actuará Mekanika Rolling Band polos bares do pobo como parte do Programa “Xunt@s polo serán” da Área de Cultura da Deputación.

Pola noite, a partir das 23.00 horas, a orquestra Estelamar amenizará a verbena, seguida por Grupo Extra, agrupación formada no ano 2007 e considerada a principal banda de bachata en Europa e que comezará a actuación ás 01.00 horas.  Tamén haberá sesión de Dj con Hermo Discoteca e Cosmedeejay e Pedro Brmudzdj. O programa continúa o venres 26 con sesión vermú co Grupo Fenix ás 14.00 horas, proba de orientación ás 19.00 e actuación da charanga Fuego Streetband polos bares.

A verbena dará comezo ás 23.30 horas co Grupo Fenix e a orquestra La Fórmula. O sábado haberá pasacalles dende ás 13.00 da man de Antaruxas Sorteiros da Fonsagrada e xogos infantís ás 17.00 horas na praza do Concello.  Nesta xornada, tamén celebran os cantos de taberna, dende ás 20.00 horas, con Trasdalomba, Toxo Queimado, Ariños do Neira e Os do 13.

festas_castroverde_2024
0.20790481567383