La Misión, Grupo Extra e La Fórmula estarán nas festas de Castroverde
Do 24 ata o 27 de xullo Castroverde celebrará as súas festas na honra ao Santiago Apóstolo cun amplo programa no que estarán La Misión, o Grupo Extra e La Fórmula, entre outras formacións. O día 24 os asistentes poderán gozar do Grupo Cano, formación asturiana que ten como obxectivo de divertir ao público, facendo un repertorio do máis variado, combinando talento e baile.
Estarán acompañados de La Misión, referente nas festas e eventos de todo España. O seu espectáculo considerase coma o máis grande do territorio nacional, para o cal necesitan ata 5 tráilers. Para o día do Santiago Apóstolo contarán co Grupo Extra, agrupación formada no ano 2007 e considerada a principal banda de bachata en Europa.
Na mesma xornada, estará Mekanika Rolling Band, agrupación de Negreira formada no 2003 e Considerada tamén como electro charanga pola súa amplificación dos instrumentos e pola súa temática de rock and roll, ska e reggae. O programa continúa o venres 26 coa orquestra La Fórmula que ofrecerá o seu gran repertorio.