Lanzan unha nova campaña de sensibilización vial para a mocidade

LugoXa
O Concello de Lugo Lanza unha nova campaña se sensibilización vial, enfocada ao consumo de drogas, alcohol e uso do móbil para a mocidade
Charlas precaucion coche portada
6 Abr 2023

Dentro do programa +XTÍ, no subprograma, Lugo Car-Bar nace unha nova campaña de sensibilización vial centrada nos riscos da conducción baixo estímulos como as drogas, o alcohol ou o uso do teléfono móbil con diferentes acción de rúa dirixidas á mocidade.

Esta campaña, contempla diferentes actuacións dirixidas a disuadir á mocidade de determinados hábitos precisamente nos puntos onde se poidan rexistrar concentracións, sobre todo en horario nocturno, e chama a atención sobre o consumo de alcol e outras substancias.

Concretamente, serán seis as intervencións na rúa, en horario de tarde, que contarán cun aula móvil, un circuíto de kart eléctrico, e un simulador de conducción zonas onde se detecta un amplo número de mozos e mozas para informar das diferentes alternativas que teñen para ocupar o lecer de forma diferente e saudable.

Contémplase ademais a identificación de situacións de risco a través de metodoloxías interactivas para comprobar os efectos e consecuencias perigosas do consumo de alcol, realizando actividades baseadas na demostración dos efectos e consecuencias do alcohol e doutras drogas, podendo para iso ofrecer á mocidade folletos, xogos de habilidades, etc.

Ademáis, está contemplado realizar sesións informativas e interactivas (de 2 horas e media cada unha) sobre a condución baixo os efectos de sustancias psicoactivas e co uso do móbil. As xornadas estarán dirixidas a estudantes, profesorado, familias, profesionais, asociacións e cidadáns en xeral.

Charlas precaucion coche
0.20494103431702