Lara Méndez afirma que a incorporación de Miguel Couto no equipo de Candia "é unha decisión personal"
O pasado luns Elena Candia anunciaba a incorporación ao seu equipo como expertos en urbanismo a Ramón Cabarcos, Manuel Cortón e Miguel Couto. Este último foi ata 2021 concelleiro no actual goberno socialista encabezado por Lara Méndez.
A actual alcaldesa xa se manifestou ao respecto e declarou que "é unha decisión personal e todo o mundo pode facer xiros de 180 grados na súa vida” pero recalcou que “é certo que cando el mesmo se marchou manifestou a súa incapacidade para poder levar a cabo o proxecto que tiña encomendado e polo tanto é unha decisión persoal".
Por último a actual candidata á Alcaldía do Partido Socialista declarou que "é certo que dende a súa marcha , se impulsou a aprobación dese 5% do PXOM, o Garañón, a esquina de San Roque, a regulación de las viviendas da Croa e as licencias del rural que están todas listas".