Lara Méndez anuncia a achega dun millón de euros á hostalería

LugoXa
A alcaldesa confirmou que o Concello achegará á hostalería o 1% dos orzamentos municipais para paliar os efectos da covid-19
1 Feb 2021

O Concello de Lugo destinará algo máis dun millón de euros a axudas á hostalería e o turismo. Confirmouno a alcaldesa, Lara Méndez, quen lembrou que o goberno local "vai facer o que leva facendo desde o 15 de marzo, apoiando ao sector e facendo esforzos orzamentarios importantes para tentar paliar este efecto tan negativo e contraproducente que está a ter nas economías locais".

A achega de máis dun millón de euros representa o 1% do orzamento total do Concello lucense, que ascende a 106 millóns. Lara Méndez asegura que "levamos posto moito diñeiro para paliar esta situación" pero "non descarta" que o apoio económico á hostalería sexa maior do anunciado hoxe.

Méndez asegura que "se os concellos, como o caso de Lugo, contamos o que xa puxemos e o que imos investir estariamos no 7% do orzamento, con axudas directas máis aló doutras axudas”. Neste senso critica á Xunta de Galicia "porque di que se contan o que xa puxeron estarían a investir o 1,4% do seu orzamento”. A rexedora aposta por un fondo común xestionado polos concellos.

0.098533868789673