Lara Méndez anuncia que con Besteiro recuperarase a Casa Torre e o pazo de Dona Urraca

LugoXa
Lara Méndez, candidata do PSdeG por Lugo, ratificou este venres o compromiso de José Ramón Besteiro de rehabilitar o Cuartel de San Fernando como Museo da Romanización de Galicia.
lara_mendez_museo_da_romanizacion
10 Feb 2024

Lara Méndez, candidata do PSdeG por Lugo, ratificou este venres o compromiso de José Ramón Besteiro de rehabilitar o Cuartel de San Fernando como Museo da Romanización de Galicia. Esta obra situará a Lugo como “o gran referente en patrimonio romano non só da nosa comunidade senón de todo o noroeste español”, aspiración unánime na cidade que, aseguran que os gobernos do PP de Feijóo e Rueda paralizaron hai 10 anos a pesar do convenio asinado con este compromiso.

“Desde o Concello cumprimos a nosa parte, adquirir o Cuartel de San Fernando, un edificio BIC, por 2,4 millóns de euros, para cedelo logo á Xunta para que o recuperase como Museo xa que o coidado e protección do patrimonio arqueolóxico é unha competencia autonómica”, destacou Méndez nunha xuntanza que mantivo con representantes da plataforma MVRO que naceu hai 3 anos en defensa do Museo e que conforman 120 colectivos cidadáns, así como coas asociacións do Arde Lvcvs e veciños de Lugo.

A candidata sostivo que eles cumpren “pero a Xunta, unha vez máis, non”. Acúsaos de frear o “proxecto irrenunciable para a cidade senón que para impedir que Lugo se converta nese referente do patrimonio romano avogaron despois por levantar no Cuartel un parador”. Proxecto que manteñen que foi rexeitado pola cidadanía lucense. Mentres tanto, as máis de 15.000 pezas arqueolóxicas catalogadas, e que son titularidade da Xunta, están repartidas en dependencias municipais e da Deputación, e incluso as garda na súa casa algún arqueólogo por falta de espazo.

Divulgación do patrimonio

Méndez lembrou as numerosas reunións mantidas con Feijóo, Rueda e o conselleiro de Cultura para esixirlles a construción do Museo. “Todas sen éxito, só escoitamos escusas, incluso cando lles comuniquei que existía o compromiso do Goberno de Pedro Sánchez de colaborar co financiamento da musealización e do plan director do Museo”. Será agora, con Besteiro presidente da Xunta, cando se poida “avanzar na protección, estudio e divulgación do noso patrimonio a través deste Museo, que tamén será un revulsivo para atraer un turismo cultural de calidade e sostible, axudando á dinamización económica da cidade e dándolle, ademais, un impulso ao centro histórico”, concluíu.

Tamén anunciou Lara Méndez, que cos socialistas no Goberno se apurarán as obras de recuperación da Casa Torre e do pazo de Dona Urraca, e se porán en valor os achados arqueolóxicos como os fornos da Tinería. “Polo de agora foi o Concello en solitario quen está a valorizar e expoñer os restos romanos, como foi a recuperación da cloaca romana para que sexa visitable”.

0.10520601272583