Lara Méndez expón ao vicerreitor do Campus de Lugo as inquedanzas da Anpa de Anexa
Continúa en Lugo a loita pola cesión do pavillón do CEIP Anexa á USC. A rexedora, Lara Méndez, recibiu na Casa Consistorial, ao novo vicerreitor do Campus de Lugo, para trasladarlle a preocupación da comunidade educativa do centro escolar para que o alumnado teña, o vindeiro curso, un espazo axeitado para a realizacións das súas actividades lectivas e extraescolares.
Así, foi a rexedora quen, atendendo á petición que lle realizou a ANPA – coa que tamén manterá un encontro proximamente – convocou a xuntanza, á que Francisco Fraga acudiu acompañado de parte do seu equipo directivo, para expoñerlle as inquedanzas das nais e pais deste centro lucense.
Unha reunión na que, unha vez máis, quedou patente a boa relación e o gran entendemento que existe entre os dous organismos.