Lara Méndez felicita á veciñanza de Milagrosa pola súa Operación Kilo

LugoXa
A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, mantivo un encontro este mércores con máis de 40 voluntarios e voluntarias que colaboraron de forma altruísta na Operación Kilo, posta en marcha pola Asociación de Veciños, Comerciantes e Industriais da Milagrosa, co obxectivo de recadar alimentos e roupa para persoas e familias en situación de vulnerabilidade.
3 Xan 2024

Méndez informou que “esta operación solidaria, que supera xa as 30 edicións, volveu a ser un éxito, pois superáronse os 4.000 quilos de alimentos recollidos, chegando a un total de 336 usuarios e usuarias que solicitaron a axuda”. A cada beneficiario entregóuselle unha bolsa con produtos básicos: aceite, pastas, conservas, etc, composta por uns 12 quilos de alimentos.

Trala finalización desta primeira fase, a Asociación de Veciños, Comerciantes e Industrias da Milagrosa puxo en marcha este mércores a Operación Xoguete para recadar xoguetes, co obxectivo de que ningún neno ou nena se quede sen regalo este Nadal. Neste senso, a rexedora agradeceu a solidariedade da veciñanza e convidou a todos e todas as lucenses a colaborar con esta causa.

0.095823049545288