Lara Méndez pecha coa veciñanza de Paradai a creación dun parque infantil cuberto

LugoXa
Lara Méndez pecha coa veciñanza de Paradai a creación dunparque infantil cuberto, incluído na rexeneración urbana do barrio
reunion vecinos paradai alcaldesa lara mendez
10 Maio 2023

A alcaldesa explicoulles a transformación urbanística que suporá para a zona a estación intermodal e o novo paso de cidade, e acordou novas melloras nos espazos públicos.

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, mantivo un novo encontro coa veciñanza do barrio de Paradai, dentro da súa axenda de reunións coas diferentes asociacións de veciños e colectivos da cidade, para escoitar as súas demandas, e acordou con eles que o novo parque infantil comprometido co barrio sexa cuberto para darlle un uso máis continuado durante todo o ano.

A rexedora abordou os cambios que o executivo municipal está a executar e impulsar nesta zona do municipio para mellorar a calidade de vida dos e das residentes, e a creación dun novo espazo de lecer para o ocio e a convivencia interxeracional é un dos compromisos adquiridos, “proxecto que enmarcaos na estratexia de humanización dos barrios na que vimos traballando desde o executivo municipal pensando na veciñanza de todas as idades”.

Esta nova execución formará parte da transformación do barrio, que “se revitalizará coa construción da Estación Intermodal de Lugo, aprobada no Consello de Ministros, cun investimento de 21'6 millóns de euros, unha mellora importante para o barrio, pois incluirá a creación dun paso inferior de cidade, un acceso cómodo e seguro que permitirá romper co illamento que manteñen, dende hai moitos anos, Paradai e o Sagrado Corazón, debido á presenza da vía do ferrocarril”.

“A creación desta nova infraestructura redundará na permeabilidade transversal urbana, mentres que a que a urbanización e remodelación do viario e os accesos rodados na zona comprendida entre a Praza Conde Fontao, a rúa Alta e o parque do Sagrado Corazón redundarán na seguridade viaria, na fluidez do tráfico pero tamén na accesibilidade de todo o enclave e na
mellora dos servizos”, subliñou a alcaldesa. O Concello de Lugo será a encargada da urbanización e tamén da construcción do paso de cidade, este último no que intervirá ADIF tras a negativa da Xunta á financiación.

0.2004930973053