Lara Méndez pon el valor a valentía da xuventude para o novo mandato
As Xuventudes Socialistas mantiveron un encontro coa alcaldesa. Yago Atadell, secretario Local das Xuventudes Socialistas de Lugo, reivindicou o impulso que lle deu o goberno municipal as políticas de mocidade, como a creación do Consello Municipal da Xuventude, peza clave do Programa Mozo das XSG e do PSdeG.
As Xuventudes Socialista de Lugo organizaron un café mozo coa alcaldesa, Lara Méndez, para amosar cales son os principais pilares da política municipal do próximo mandato no senso da xuventude. Estiveron acompañados polo Secretario Xeral das XSG, Xurxo Doval, e de membros do Goberno Municipal como: Ana Abelleira, Pablo Alvarellos e Mauricio Repetto.
Neste encontro debatéronse ideas sobre as políticas mozas que deben ser tidas en conta no vindeiro mandato. Entre outras ideas tratáronse a creación de cursos de formación en varios ámbitos profesionais, así como para varios niveis de estudos e necesidades. Destacouse a necesidade de impartir obradoiros orientados aos dereitos dos traballadores e así evitar situacións de precariedade e abusos.
Yago Atadell, Secretario Local das Xuventudes Socialistas de Lugo, reivindicou o impulso que lle deu o goberno municipal as políticas de mocidade, como a creación do Consello Municipal da Xuventude, peza clave do Programa Mozo das XSG e do PSdeG.
Xurxo Doval, Secretario Xeral das Xuventudes Socialistas de Galicia, declarou ``a satisfacción de que en Lugo haxa un Partido e Xuventudes tan integradas como para impulsar unha transformación moza no próximo mandato, sexa co candidato mozo dentro ou fora do consistorio.
No encontro, a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez aproveitou para destacar que, “neste mandato reactivaremos o Consello da Mocidade, co propósito de dar valor ás opinións de toda a mocidade xa que, é fundamental implicar á xuventude dentro desta segunda gran transformación que camiña cara un Lugo sostible, verde e amable”.
Neste senso, explicou que “dentro da Axenda 2030 conformada por 17 Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) á mocidade tedes un papel fundamental e nos como goberno comprometémonos a non deixar a ninguén de lado” ao tempo que deu conta das políticas que se están a levar a cabo, para promover o emprego e a calidade de vida da mocidade lucense, entre as que destacou o Lugo Transforma, unha estratexia impulsada polo rexedora que “busca reter e atraer talento de firmas cun alto grao de innovación, crear riqueza e dar oportunidades laborais para que os mozos e mozas lucenses atopedes en Lugo empregos de calidade”.
Méndez recalcou que "durante os últimos catro anos iniciamos unha transformación de Lugo, que continuaremos nos vindeiros anos, para garantir que todos e todas vos, poidades optar por quedar en Lugo, coas mellores condicións. Somos conscientes de que se vive moi ben aquí si se teñen oportunidades laborais e niso estamos a traballar con afán”.
A rexedora aproveitou tamén para recoller as inquietudes dos asistentes así como diferentes propostas e lembrar todas as políticas que se están a levar a cabo no ámbito da formación, o deporte e accións que promovan hábitos de vida saudables.