Lara Méndez presentará mañá o Plan de Acción da Axenda Urbana 2030 de Lugo nun evento público no Uxío Novoneyra

LugoXa
Lara Mendez presentará mañá no Uxio Novoneyra o Plan de Acción da Axenda Urbana 2030 nun acto que dará comezo as 12.00
11 sep 2022

A cita será ás 12.00h e contará coa participación do equipo redactor do documento, ademais de membros do executivo.

O obxectivo é abordar a importancia da Axenda Urbana que “constitúe unha valiosa ferramenta para mellorar a calidade de vida dos veciños e veciñas” apuntaba Méndez.

O Goberno de Lara Méndez presentará este luns o Plan de Acción da Axenda Urbana 2030 de Lugo nun evento público no Centro Cívico Municipal Uxío Novoneyra. “Trátase dun documento que recolle as estratexias e proxectos para o municipio aliñados cos obxectivos fixados pola Axenda europea e española, e que é clave para poder optar con máis forxa aos fondos europeos”. É unha folla se ruta para avanzar no modelo de cidade integrador, resiliente e confortable, tendo en conta aportacións cidadáns, “pois consideramos que a participación dos veciños e veciñas é fundamental neste camiño para lograr unha cidade da que todos nos sintamos orgullosos”, apuntou a rexedora.

A cita terá lugar ás 12:00 horas no salón de actos do Centro Cívico Municipal Uxío Novoneyra. Baixo o título Xornada de Difusión da Axenda Urbana Lugo Cidade Verde, preténdese explicar á cidadanía a importancia da Axenda Urbana a cal “constitúe unha valiosa ferramenta para mellorar a calidade de vida das persoas que viven no noso municipio” explicaba Méndez.

Dará comezo ca exposición de Emilio Díaz Fernández, Director del Equipo Redactor – NTT DATA (consultora encargada da elaboración do Plan de Axenda Urbana en Lugo), o cal realizará un relatorio técnico sobre a implantación da Axenda Urbana Española e o proceso de elaboración do plan lucense.

Acto seguido, Alberte González Rodríguez, arquitecto Urbanista en GAU Arquitectura, realizará un relatorio sobre o enfoque da Axenda Urbana Española en materia de Urbanismo, Territorio e Vivenda, cedendo o turno de palabra ao Concelleiro de Xuventude, Mauricio Repetto, que dará conta do proceso de participación cidadá no marco deste proxecto e a constitución do futuro ‘Consello da Mocidade’ en Lugo.

A xornada pecharase coa intervención da alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, a modo de conclusión para reflexionar sobre o Plan da Axenda Urbana Local.

0.17234015464783