Lara Méndez recibe no Concello ao servizo de Urxencias do HULA

LugoXa
A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, recibiu onte na Casa Consistorial a membros do Servizo de Urxencias do HULA.
Recepcion urxencias
28 Maio 2022

No Día Internacional das Urxencias e Emerxencias, celebrado onte, a alcadesa de Lugo, Lara Méndez, recibía na Casa do Concello ao Coordinador dos Servizos de Urxencias do HULA, o doutor Manuel García Novio, e ao seu equipo.

O encontro tivo lugar ás 20:30 horas, minutos antes de que a Casa Consistorial se iluminase coas cores azul e branco que representan a esta profesión, co obxectivo de visualizar ao colectivo e sensibilizar á poboación na importante función que cumpren, non só durante o labor que desenvolveron na pandemia senón tamén na súa capacidade para facer fronte aos novos retos sanitarios que se presentan.

0.12520813941956