Lara méndez visitou aos alumnos do Leiras Pulpeiro

LugoXa
La alcaldesa de Lugo, Lara Méndez visitó y compartió clase con el alumnado del IES Leiras Pulpeiro el pasado viernes 14 de enero.
Visita Leiras Pulpeiro
16 Jan 2022

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, mantivo un encontro co equipo directivo do Instituto lucense Leiras Pulpeiro así como co alumnado para falar das necesidades do centro, dos seus programas educativos e das iniciativas que están a poñer en marcha para acadar unha maior inclusión e mellorar a formación da mocidade como cidadanía activa.

Neste senso, abordaron o apoio do Concello ao centro no seu traballo como UACO (Unidade de Acompañamento e Orientación Persoal e Familiar) no marco da rede Raogal, cuxo obxectivo é prestar unha atención ao alumnado máis vulnerable desde un ámbito máis social. Nesta rede, na que colaborará a concellería de Benestar, tamén participan os CEIP Luis Pimentel e Paradai.

A alcaldesa tamén tivo a ocasión de coñecer o programa europeo Erasmus+, que permitiu a varios alumnos e alumnas compartir experiencias noutros países a través da súa proposta ‘Convivindo no Camiño’. Os participantes contáronlle as súas vivencias e as ideas que están a deseñar para que este proxecto alcance unha maior repercusión nos vindeiros anos.

Lara Méndez felicitou ao alumnado e ao profesorado pola súa implicación e esforzo, “que ten incluso máis valor se temos en conta as circunstancias nas que están a desenvolver o seu labor, con restricións debido a pandemia e a afección emocional que supón esta situación”. Destacou, así mesmo, o compromiso docente “pola inclusión e por dar pasos na educación da mocidade máis alá incluso da formación reglada, motivando o seu crecemento persoal”.

Ademais, Lara Méndez compartiu tempo cunha clase, na que os estudantes tiveron a ocasión de preguntarlle sobre o modelo e os proxectos de cidade que se están a desenvolver para acadar un Lugo máis verde, sostible e resiliente fronte as consecuencias do cambio climático.

0.17106509208679