Laura Suárez estará este martes no videopodcast 'Petíscame'

LugoXa
O videopodcast 'Petíscame' contará este martes 21 de marzo a partir das 19.00 coa presencia da ilustradora Laura Suárez
Petiscame Videopodcast
20 Mar 2023

A Facultade de Formación do Profesorado do Campus de Lugo da USC acolle este martes, a partir das 19.00 horas, unha nova sesión do videopodcast sobre libros e ilustracións con creadoras galegas Petíscame, na que participará como relatora convidada a ilustradora de edicións infantís e cómics Laura  Suárez.

O programa Petíscame videopodcast é unha iniciativa coordinada pola profesora da área de Didáctica da Lingua e da Literatura Rocío García Pedreira e apoida polo Servizo de Normalización Lingüstíca da USC, a través da que se pretende que o alumnado universitario elabore videopodcasts de divulgación en galego sobre o mundo dos libros e da ilustración.

O ciclo, dirixido especialmente aos preto de 50 estudantes matriculados na materia Literatura e Arte, pero aberto á participación do público interesado, está estruturado en oito sesións, nas que participarán como relatoras outras tantas ilustradoras e creadoras galegas galegas relacionadas co mundo dos álbums ilusrados, cómics e obras literairas dirixidas á infancia e xuventude.

Lauravidepodcast
0.095360040664673