Laxosa acollerá un curso gratuíto de restauración de mobles na antiga escola dos nenos

LugoXa
A formación desenvolverase entre o 28 de febreiro e o 18 de abril en horario de 16:00 a 20:00 e contará con prazas limitadas
restauracion-de-mobles
22 Feb 2026

A Asociación de Veciños de Laxosa Airamonte do Corgo organizará nas vindeiras semanas un curso gratuíto de restauración de mobles que terá como escenario a Antiga Escola dos Nenos de Laxosa, en Lugo. A iniciativa busca ofrecer á veciñanza a oportunidade de aprender técnicas básicas e prácticas para recuperar pezas de mobiliario.

A actividade desenvolverase en varias xornadas, concretamente os días 28 de febreiro, 7 e 21 de marzo, 28 de marzo, así como o 11 e o 18 de abril. Todas as sesións celebraranse en horario de 16:00 a 20:00 horas.

Cada participante deberá acudir co moble que desexe restaurar e co material necesario para o seu traballo, mentres que as ferramentas de maior tamaño serán facilitadas polo docente encargado da formación.

As persoas interesadas poderán formalizar a súa inscrición chamando ao teléfono 642 771 227. A organización lembra que as prazas son limitadas e cubriranse por orde de inscrición ata completar o aforo dispoñible.

0.10023188591003