Lecer de Gamelle anuncia un taller infantil de Nadal con creatividade e merenda

Pol
LugoXa | TerraChaXa
Terá lugar o sábado 6 de decembro, ás 17.00 horas, na Escola de Cirio
taller-infantil-pol
5 Dec 2025

A asociación cultural Lecer de Gamelle prepara unha tarde especial para os máis pequenos co seu Taller Infantil de Nadal, que terá lugar o sábado 6 de decembro, ás 17.00 horas, na Escola de Cirio. A iniciativa busca ofrecer un espazo de creatividade, imaxinación e diversión, no que nenos e nenas poidan gozar elaborando manualidades e actividades temáticas propias destas datas.

Segundo explica a organización, a proposta inclúe tamén unha merenda pensada para compartir un momento agradable en comunidade, completando así unha xornada na que non faltarán risas, ilusión e espírito navideño.

Lecer de Gamelle anima ás familias a participar nesta actividade, concibida como unha oportunidade para fomentar a convivencia e dar inicio ao ambiente festivo propio do mes de decembro.

⚙ Configurar cookies
0.080792903900146