Lecer de Gamelle celebra o luns a Cea de Lume Novo

O vindeiro luns 23 de xuño ás 21:30 horas, Lecer de Gamelle organiza a súa xa clásica Cea de Lume Novo, unha cita esperada e chea de maxia para reencontrarse, rir, brindar e fortalecer lazos.
A cea celebrarase no propio local de Lecer de Gamelle, e será a escote, cun pequeno suplemento de 5 euros para as persoas non socias. O evento está pensado para un máximo de 40 persoas, polo que recoméndase confirmar canto antes a asistencia.
O prazo para inscribirse remata o xoves 19 de xuño e pode facerse a través de Benilde (622 038 375) e Milagros (664 073 068).