Lecer de Gamelle de Pol organiza unha nova xuntanza de mulleres

Pol
TerraChaXa | LugoXa
O colectivo Lecer de Gamelle de Pol ten convocada para hoxe unha nova sesión da xuntanza de mulleres para falar de tradición oral.
xuntanza mulleres tradicion oral pol portada
27 Xan 2023

O colectivo Lecer de Gamelle de Pol ten convocada para hoxe unha nova actividade dirixida a toda a veciñanza. Trátase dunha nova sesión da xuntanza de mulleres para falar de tradición oral.

Esta reunión terá lugar na Escola de Cirio e nela participan o veciño Sergio Marey e Atenea. A cita será novamente ás 17.00. horas na escola de Cirio, aberta a toda a poboación. 

Esta sesión tiña previsto celebrarse a mediados de mes pero foi aprazada pola enfermidade dos participantes.

xuntanza mulleres tradicion oral pol
0.16253304481506