Leo Bassi chegará ao Gustavo Freire este xoves 27 de xaneiro
Leo Bassi actuará no Gustavo Freire de Lugo este xoves 27 de xaneiro no Gustavo Freire. O clown interpretará o seu espectáculo Yo, Mussolini.
Estreado pouco antes da pandemia supuxo un tremendo éxito de público e prensa. Leo Bassi achéganos o seu mellor espectáculo dos últimos anos. Volve posicionarse fronte á extrema dereita nun momento de vital importancia para a sociedade cun espectáculo nado do auxe en todo o mundo da vella ideoloxía fascista. Un desafío directo á xente que ten loitado sempre por unha vida máis solidaria e humanista.
Yo, Mussolini é unha peza provocadora e divertida, pensada para xerar optimismo e dar ao público que sae do teatro gañas de resistir, ou, mellor, “risistir!” con intelixencia á intolerancia.
Dará comezo ás 20.30 horas e a entrada terá un custe de 5 euros. As entradas poden adquirirse entradaslugo.es ou na Oficina Municipal de Turismo.
Leo Bassi é un dos grandes “clowns” do mundo do espectáculo, sendo unha gran referencia no mundo circense. No espectáculo que representará en Lugo, pretende alertar do perigo que implica o avance da extrema dereita.
A súa obra é un alegato á liberdade, a través da cultura transmite valores e recorda os feitos para non repetilos erros do pasado.