Librería Trama acolle a presentación do 'Máxica Lúa'

LugoXa
A librería Trama acolle este venres, 27 de outubro, ás 19.
maxica lua presentacion portada
26 Out 2023

A librería Trama acolle este venres, 27 de outubro, ás 19.00 horas, a presentación do libro Máxica Lúa, de Xoán Neira e ilustracións de Lucía Barrios.

O acto estará dirixido polo cronista oficial de Viveiro, Carlos Nuevo Cal.

"Máxica Lúa, de Xoán Neira e Lucía Barrios, integra versos e deseños en mutuo diálogo plástico-literario. O cromatismo nocturno resólveo a artista con cores frías, suaves, apagadas: violetas, azuis, grises…, mentres que as horas solares aparecen representadas con cores amarelas, intensas e vivas. Adáptanse ao texto sen por iso perder esencia e identidade propias. Son, en suma, dúas achegas independentes integradas nunha unidade harmónica”, segundo explica o autor do epílogo, Xulio Valcárcel.

maxica lua presentacion
0.091916084289551