Licitada a obra de construción do novo centro de saúde de Antas de Ulla

LugoXa
As empresas teñen 15 días para presentar ofertas e a adxudicataria disporá dun mes para a redacción do proxecto básico.
antas de ulla concello
29 May 2021

Publicado no día de onte a licitación da redacción do proxecto básico e de execución, así como a dirección da obra de construción do novo centro de saúde de Antas de Ulla, por un importe total de 51.500 euros.

As empresas interesadas teñen ata o 14 de xuño para presentar ofertas e a que resulte adxudicataria disporá dun mes para redactar o proxecto básico e dous meses para finalizar o documento de execución.

Séguese avanzando así nos trámites encamiñados á construción da infraestrutura sanitaria, despois de que se aprobase o pasado 18 de marzo a aceptación da parcela cedida polo Concello para executar un edificio de 850 metros cadrados que case triplicará en superficie ao actual, de 317.

Segundo o plan funcional aprobado, a empresa adxudicataria deberá deseñar un centro que contará con consultas máis espazosas e cunha sala polivalente que agora non existe. O novo ambulatorio disporá de dúas consultas de medicina, dúas de enfermería, unha polivalente, unha de toma de mostras e unha sala de xuntas.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.15255498886108