Licitada a redacción de tres proxectos de urbanización no polígono das Gándaras

LugoXa
A Xunta licita a redacción dos proxectos de urbanización de tres novas fases do Parque Empresarial das Gándaras, en Lugo.
urbanización Polígono Gándaras
24 Xuño 2022

Continúa o proxecto de urbanización do Parque Empresarial das Gándaras, en Lugo. Así o informou o Executivo autonómico que  destinará 78.728,34 euros á redacción do proxecto de urbanización das fases IV, V e VII-a deste polígono. Os ámbitos para os que se van redactar os referidos proxectos de urbanización inclúen un total de 188.472 metros cadrados que se distribuirán segundo as fases.

Actualmente a empresa pública Xestur está executando as obras de urbanización da terceira fase do parque empresarial lucense, cunha superficie total de 55.7687 metros cadrados, dos que 35.424 corresponden ás 27 parcelas en que se atopa dividida.

Neste sentido, cómpre lembrar que o pasado mes de decembro rematou o acondicionamento da segunda fase das Gándaras, cunha superficie total de 97.691 metros cadrados, dos que 45.346 corresponden a parcelas. En conxunto, as obras da segunda e terceira fases do polígono contan cun investimento por parte da Xunta de 5,94 millóns.

O pasado mes de febreiro a empresa pública convocou o concurso de venda de solo empresarial da súa propiedade, entre o que se atopa o parque das Gándaras no que se adxudicaron 13 parcelas, cunha superficie total de 43.887 metros cadrados. Ante a concorrencia de ofertas de diversas empresas sobre diferentes parcelas, o Consello
de administración da sociedade decidiu convocar proximamente un novo concurso de venda, de maneira que as empresas interesadas poida acceder ao solo dispoñible en igualdade de condicións e con total transparencia.

0.16477990150452