Licitadas as obras de mellora dun tramo da estrada que une Lugo con Palas
En relación coa rede provincial de estradas, a Deputación de Lugo aprobou a licitación das obras para a rehabilitación dun novo tramo do firme da LU-P-2901, que une o concello de Lugo, pola parroquia do Burgo, con Palas de Rei.
A Deputación destina a esta actuación un investimento de máis de 200.000 euros. As actuacións consistirán na mellora dun tramo de preto de 4 quilómetros que discorre por Palas, dende o punto quilométrico 21,37 ao 25, e que complementan o traballo que se fixo recentemente noutros tramos desta estrada.
“Estas obras son moi importantes porque é unha estrada que vertebra o Camiño Primitivo ao seu paso polo concello de Palas e polo tanto ten moito tránsito, non só de veciños e veciñas, tamén de peregrinos, visitantes e turistas”, apuntou Pilar García Porto.