Localmente Lucense celebrará o Día Mundial do Emprendemento o 29 de abril

LugoXa
Localmente Lucense celebrará el próximo 29 de abril el Día Mundial del Emprendimiento. A las 19.00 horas en Cei Nodus.
26 Apr 2022

Localmente Lucense celebrará este venres, día 29, de 11.00 a 19.00 horas, no Cei Nodus, o Día Mundial do Emprendemento, unha efeméride que se conmemora internacionalmente cada mes de abril para dar visibilidade e fomentar o espírito emprendedor. Será unha xornada aberta á cidadanía, na que haberá mesas redondas, música en directo, foodtrucks e un certame de proxectos emprendedores, pero, sobre todo, será unha ocasión magnífica para dar visibilidade e poñer en valor o tecido emprendedor e empresarial da cidade.

O evento, organizado dende a área de Desenvolvemento Local e Emprego que dirixe a concelleira Ana Abelleira, enmárcase no Plan de fomento do emprendemento e consolidación empresarial posto en marcha polo Concello de Lugo. A programación, que se desenvolverá ao longo do día, contempla a primeira edición do concurso Elevator Pitch Localmente Lucense Desafío Emprende 2022.

Este certame será unha oportunidade para que as emprendedoras e os emprendedores con ideas innovadoras poidan visibilizar o seu proxecto, obter un premio ou recoñecemento, contactar con potenciais socios ou investidores e facer da súa idea de negocio, unha realidade.

Poderán participar tanto os proxectos de empresa, presentados por unha ou varias persoas físicas promotoras (non se admitirá máis dun proxecto de negocio por persoa ou grupo); como empresas en funcionamento produtoras de bens ou servizos. As inscricións para este certame estarán abertas ata as 13:00 horas do xoves, 28 de abril, a través do correo info@localmentelucense.gal.

O xurado seleccionará 9 proxectos que son os que pasarán á fase final e que se presentarán o día 29 de marzo de 16:00 a 17:30 horas durante o evento. Valorarase a innovación e o compromiso social e medio ambiental no desenvolvemento de ideas e proxectos, entre outros aspectos.

Ademais, establécense premios para aqueles proxectos que alcancen as 3 maiores puntuacións: 1º Premio de 1.250 €; 2º Premio de 750 €; e 3º Premio de 500 €. Este importe será o valor dun ‘Pack Emprendedor’ que poderá investir en comercio local ou en servizos de establecementos adheridos ao movemento Localmente Lucense.

Toda a información e as bases do certame pódense consultar na web http://localmentelucense.gal/dia-emprendemento/

Programa do Día do Emprendemento

Venres, 29 de abril, de 11:00 a 19:00 horas no Cei Nodus (Avda. da Coruña 500)

  • 11:00 h. Benvida e explicación.
  • 11:10h. Lectura de Manifesto.
  • 11:30h. Mesas redondas (encontros de 30 minutos) das seguintes temáticas: "Emprender no s. XXI". "Emprendedoras Empoderadas". "Innovación e Tendencias". "O fracaso como parte do éxito". "Superpoderes do emprendedor/a".
  • 14:00h. Gastro-Paradas.
  • 16:00h. Concurso “Elevator pitch LocaLmente Lucense, Desafío Emprende 2022” Competición de presentación de proxectos. (Prazo límite de admisión de proxectos o 28/04/2022 ás 13:00 h).
  • 17:30h. Música en directo Sesión DJ Dr. Think, acompañado do saxofonista Mike Rolling.
  • 17:30h. Photocall Interactivo LocaLmente Lucense que une arte e tecnoloxía.
  • 18:30h. Entrega de premios do certame.
  • 18:50h. Despedida e clausura.

Evento aberto a toda a cidadanía, inscricións unicamente para o concurso de proxectos e as gastroparadas, a través da web www.localmentelucense.gal ou do enderezo de correo electrónico info@localmentelucense.gal.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.18985104560852