Lohengrín Teatro achega o seu espectáculo de danza ao Escenario Hipócrita
LugoXa
A programación cultural no Escenario Hipócrita continuará este trimestre con funcións o segundo e cuarto sábado de cada mes.
24 Abr 2024
A programación cultural no Escenario Hipócrita continuará este trimestre con funcións o segundo e cuarto sábado de cada mes. Trátase dunha programación variada que abrangue diferentes xéneros e estilos dentro das artes escénicas, dende o teatro físico á improvisación.
Este sábado 27 chega Lohengrín Teatro que levará a escena Terra, un espectáculo de teatro danza cargado de simbolismo. No mes de maio, o Escenario Hipócrita acollerá a preestrea da primeira peza dunha nova compañía lucense Satori, titulada Masculino singular, unha traxicomedia musical interpretada por Gustavo Fouce e dirixida por Sonia Fernández, que se poderá gozar o sábado 11.