Lois Pérez e Daniel Irimia participan nun novo encontro de Lugopoética

LugoXa
Este xoves, a UNED de Lugo acolle un novo encontro dentro do ciclo de Lugopoética 2024.
lugopoetica_marica_campo_eva_teixeiro
13 Mar 2024

Este xoves, a UNED de Lugo acolle un novo encontro dentro do ciclo de Lugopoética 2024. Nesta cita participarán os poetas Lois Pérez  e Daniel Irimia. A actividade desenvolverase desde as 18.30 horas, con entrada libre, durante unha hora

Lois Pérez Díaz é mestre, contador de historias, poeta, escritor e guionista. Como poeta publicou LP, Long Play e Lugo Philadelphia, con fotografías de Alba Díaz. Coordina a Sección de Literatura de Tradición Oral da AELG. Ten obtido os premios de Teatro radiofónico da Radio Galega; Premio aRi[t]mar ao mellor poema editado en Galicia en 2018, Agustín Fernández Paz e os de literatura infantil Raíña Lupa e María Victoria Moreno.

Pola súa parte, Daniel Irima Yáñez (Momán - Cospeito, 1995) estudou Bioloxía na USC, especializándose en xestión da biodiversidade na de Granada. Ten desenvolvido traballos de investigación no Departamento de Botánica do Campus de Lugo, destacando na creación literaria, especialmente na poesía. Premiado co Díaz Jácome para novos creadores e no de Cambre, ten publicado Cristal de bágoas, premio de poesía O Facho.

0.19232106208801