Loito oficial en Lugo trala traxedia do pesqueiro Vila de Pitanxo
Ás 11.00 horas de hoxe, a entrada da Casa Consistorial acolleu a concelleiros, deputados e á subdelegada do goberno para mostrar o pesar e a solidariedade polo naufraxio do pesqueiro Vila de Pitanxo cun minuto de silencio.
Previo ao minuto de silencio, procedeuse á baixada das bandeiras de Lugo e de Galicia da Casa Consistorial, que ondearán a media hasta dende hoxe ate o 18 de febreiro como mostra do pesar compartido e solidariedade. As bandeiras de Deputación Provincial tamén ondearán a media hasta e con crespóns negros nos vindeiros tres días en sinal de loito e afecto cos familiares, achegados das vítimas e toda a vila de Marín.
O tráxico naufraxio do pesqueiro galego Villa de Pitanxo en Terranova, nas costas do Canadá, ocorreu o pasado martes.