Los Satélites e Patakiña actuarán nas festas patronais de Santa Eulalia de Mazoi de Lugo

A parroquia de Santa Eulalia de Mazoi de Lugo vivirá do 30 de maio ao 1 de xuño de 2025 as súas festas na honra á súa patroa, Santa Eulalia.
Serán tres días de celebración cun programa repleto de actividades pensadas para todos os públicos e cunha carpa instalada para garantir o bo desenvolvemento dos festexos independentemente do tempo.
A programación comezará o venres 30 cunha churrascada popular ás 22:00 horas que dará paso á primeira gran verbena, amenizada polas orquestras Los Satélites e Patakiña, que poñerán a música e a alegría á noite inaugural.
O sábado 31 arrancará coa tradicional misa solemne ás 13:30 horas, seguida dunha animada sesión vermú a cargo do grupo Acordes. Pola noite, a verbena contará novamente coa actuación de Acordes e Patakiña, nunha xornada na que tamén se celebrará un sorteo de 500 puntos no descanso da orquestra, engadindo emoción á velada.
O domingo 1 de xuño poñerase o ramo ás festas cunha nova misa solemne ás 13:30 horas e outra sesión vermú, desta volta a cargo da agrupación Merengue, que será a encargada de despedir por todo o alto tres días de celebración, música e tradición.
Desde a organización, coa colaboración da Xunta de Galicia, o Concello de Lugo e o monte comunal en man común de Mazoi, convidan a veciñanza e visitantes a participar nunhas festas que se presentan como unha cita imprescindible do calendario festivo da comarca.