Ludrio comeza mañá as súas festas
LugoXa | TerraChaXa
A parroquia de Ludrio en Castro de Rei celebra mañá as súas festas patronais na honra a Santa María.
11 Aug 2023
A parroquia de Ludrio en Castro de Rei celebra mañá as súas festas patronais na honra a Santa María.
Mañá sábado día 12 a xornada dará comezo cunha misa solemne con procesión ás 13.30 para continuar cunha sesión vermú a cargo da orquestra Galilea.
Xa pola noita, a partir das 23.00, será de novo a orquestra Galilea a encargada de amenizar a noite na que tamén estará a actuación do DJ David Expósito.
O domingo ás 12.30 a actuación do grupo Os Valuros dará comezo ao día para continuar ás 13.30 coa misa solenme e procesión. Unha vez rematada haberá unha festa co grupo Os Valuros.
Para finalizar as festas haberá unha sesión vermú co grupo Punto Clave que dará comezo ás 14.00.