Lugo, a cidade cos índices de inseguridade máis baixos de Galicia

LugoXa
Lara Méndez e Isabel Rodríguez recibiron aos veciños da Milagrosa trala Xunta Local de Seguridade de carácter ordinario
Reunión coa veciñanza trala Xunta Local de Seguridade celebrada no Paco Martin1
26 Jan 2023

Lugo conta cos índices de inseguridade máis baixos de Galicia que según os datos das forzas policiais, maís do 60% de delitos que se comenten na cidade de son de carácter leve. Así mesmo, as ocupacións supoñen un 0,4% do total de infraccións rexistradas durante o ano pasado no municipio. Estas son algunhas das informacións aportadas durante a Xunta Local de Seguridade Local celebrada con caracter ordinario.

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e a subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, copresidiron esta xuntanza, dentro dos encontros periódicos que manteñen ambas institucións coas diferentes Forzas e Corpos Policiais que operan no municipio. A reunión tivo lugar no Centro de Convivencia Interxeracional Paco Martín, recentemente inaugurado, como mostra dun maior acercamento institucional aos barrios. Trala mesma, a rexedora e a subdelegada mantiveron un encontro cos veciños e veciñas do barrio, aos que lles explicaron os dispositivos policiais postos en marcha contra a ocupación ilegal e outros tipos de delincuencia.

Neste senso, as forzas de seguridade pediron que non se creara unha alarma social entorno á ocupación, porque Lugo é unha cidade segura e estase traballando de forma coordinada e permanente para atallar os casos que se poidan dar, posto que un só caso xa é unha preocupación. Así mismo, incidiron na ncesidade e importancia de que os propietarios denuncien este tipo de actuacións, porque senón non é posible actuar.

Tanto a alcaldesa como a subdelegada empatizaron cos veciños, cos que comparten e entenden as súas preocupacións, aínda que as cifras non reflicten un alto índice de delincuencia, e trasladáronlles que se están empregando todas as ferramentas que teñen ambas administracións para actuar nos problemas que poida haber no barrio, como as ocupacións ilegais, o peche de bares, ou algunha pelexa illada.

Por outra banda, entre os dispositivos presentes no barrio, informouse que, ademais do reforzo da vixiancia, tamén hai un importante número de policías camuflados, e se é necesario incrementarase para atallar situacións de delincuencia. Neste senso, apuntouse que a maior parte dos casos de ocupación que se rexistran obedecen a situacións de vulnerabilidade e non están relacionados con organizacións criminais.

Así, a rexedora lamentou que “levamos máis dunha década de atraso na creación de vivenda pública de protección oficial na cidade que palíe todas estas carencias e que teña capacidade de atender a demanda que existe e que afecta a familias enteiras, con menores ao seu cargo. Dúas materias nas que a Xunta mantén a titularidade”.

A rexedora lembrou que a Xunta dispón de terreos para a creación de parque inmobiliario público tanto en Garabolos como ao carón do novo Auditorio nos que, dende hai anos, se comprometeu a promover vivenda protexida sen que, ata o momento, a tivera materializado. “O mesmo que aconteceu coa superficie conveniada en 2004 e pola que se cedía a parcela municipal de Magoi na que, ademais da dotación cultural se prevía a edificación de 140 vivendas, o 60% de protección oficial”, apuntou.

“A isto hai que engadir que as listas de demandantes recollidas no Rexistro Único da Xunta de Galicia, e que se incrementan cada ano, triplican ás de outras capitais semellantes, como pode ser Ourense”, engadiu.

Pola súa parte, a subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, destacou que “Lugo é unha cidade tranquila e segura e as forzas de seguridade traballan para que continúe sendo unha das cidades cos índices máis baixos de Galicia en relación ás infraccións penais”. Así mesmo, puxo en valor a profesionalidade e compromiso das forzas de seguridade do Estado e a súa estreita colaboración coas policías local e autonómica na cidade, “traballando en coordinación para resolver con rapidez e eficacia calquera feito delituoso ou problema de convivencia que se poida producir”.

En relación ás ocupacións ilegais de vivendas, Isabel Rodríguez subliñou que “desde a Subdelegación do Goberno e o Concello de Lugo, xunto coas Forzas de Seguridade, estamos en contacto permanente cos representantes veciñais e comerciantes das zonas máis afectadas para actuar nos lugares onde se producen problemas de convivencia coa veciñanza”. Ademais, insistiu en que a acción coordinada coas autoridades municipais incidiu na adopción de medidas preventivas por parte dos propietarios. Así, a Policía Xudicial contacta tamén con propietarios de inmobles susceptibles de ocupación para pechar os accesos.

Neste senso, a subdelegada explicou que os datos das Forzas de Seguridade non indican que o fenómeno da ocupación ameace a seguridade pública en Lugo. As ocupacións supoñen un 0,4% do total de infraccións penais rexistradas no 2022 en Lugo. “Entendemos a percepción da cidadanía e a preocupación social que xera cada caso de ocupación, que en ocasións tamén afecta a veciñanza da zona. Cada un destes casos preocúpanos, pero temos que ser moi rigorosos e responsables á hora de abordar este tema desde as administracións públicas e non infundir na sociedade unha preocupación maior”, salientou Rodríguez que avanzou que en Lugo non existe ocupación por parte de organizacións criminais, “senón que detectamos que son casos de ocupación dinámica en vivendas deshabitadas ou abandonadas, por parte de colectivos vulnerables ou nalgúns casos relacionados co consumo de drogas, polo que é fundamental denunciar para que as Forzas e Corpos de Seguridade poidan actuar”.

En relación a isto, a subdelegada lembrou que o Goberno leva a cabo un intenso escudo social e un programa de investimentos dirixidos a facilitar e garantir o acceso á vivenda, como a moratoria na subida do prezo dos alugueiros, o incremento da renda dispoñible nos fogares con medidas directas como o Ingreso Mínimo Vital ou a axuda de 200 euros para rendas baixas, entre outras. Estas iniciativas complétanse cos máis de 300 millóns transferidos á Xunta nos últimos anos para financiar programas dirixidos á vivenda, pois as competencias nesta materia son autonómicas, aos que instou a aproveitar a oportunidade para facilitar vivendas de promoción social en Lugo.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.18029713630676