Lugo acende as luces de Nadal con máis de 1 millón de LEDs

O Nadal chegou oficialmente a Lugo coa tradicional cerimonia do acendido do alumeado, que congregou a centos de persoas na Praza Maior.
Presentado por Nerea Vázquez, o acto contou coa participación de Isidoro Rodríguez, presidente da Academia de Enfermaría de Galicia e profesor da Escola de Enfermaría de Lugo, quen foi o encargado de activar as luces que iluminan toda a cidade.
Dende a Tenencia de Alcaldía confirmouse que, como todos os anos, o 5 de decembro encendeuse o alumeado ornamental de cara á ponte de decembro. Rubén Arroxo e o resto da corporación acompañaron a Rodríguez no acto, que marcou o inicio dun Nadal cheo de luces e ambiente festivo.
A cidade conta este ano con 1.021.761 LEDs distribuídos en máis de 200 arcos luminosos e 1.014 elementos ornamentais que inclúen estrelas, animais, árbores, mensaxes e agasallos. Ademais das rúas principais, iluminouse especialmente o recinto histórico, as prazas do centro, as entradas da cidade e o percorrido do Camiño de Santiago, facendo brillar Lugo durante toda a ponte.