Lugo acolle a campaña de doazón de sangue 'Este curso, non perdas este bus' no campus universitario

LugoXa
A ADOS instala unha unidade móbil e unha parada informativa na Facultade de Formación do Profesorado para fomentar a participación da comunidade universitaria
Ados-Lugo
18 Nov 2025

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) achega este martes 18 de novembro ao campus de Lugo a campaña “Este curso, non perdas este bus”.

Para facilitar a participación, unha unidade móbil da Axencia estará estacionada no aparcadoiro xunto á entrada principal da Facultade de Formación do Profesorado, onde os membros da comunidade universitaria poderán doar sangue. O horario de atención será amplo, desde as 09:30 ás 14:30 e de 15:30 ás 21:00 horas.

Ademais, ao longo da xornada, a ADOS instalará unha montaxe diante da Facultade de Formación do Profesorado consistente nunha parada de bus con paneis informativos sobre a doazón de sangue, incluíndo os requisitos necesarios para participar.

A iniciativa, que se desenvolve baixo o lema “Este curso, non perdas este bus” e que percorre os sete campus universitarios galegos, ten como obxectivo acadar 4.500 doazóns nas universidades galegas durante o presente curso académico.

⚙ Configurar cookies
0.076333999633789