Lugo acolle a celebración dos XXV Campionatos galegos universitarios de deportes colectivos

LugoXa
Os XXV Campionatos Galegos Universitarios de DeportesColectivos cita en Lugo uns 600 estudantes os días 7 e 8 de marzo
USC deportes lugo
2 Mar 2023

Os XXV Campionatos Galegos Universitarios de Deportes Colectivos reunirá os vindeiros días 7 e 8 de marzo na capital luguesa máis de 600 estudantes das tres universidades galegas, que competirán en seis disciplinas deportivas diferentes: fútbol, fútbol sala, baloncesto, balonmano, rugbi e voleibol, na modalidade masculina e feminina, segundo adiantou este xoves o reitor da USC, Antonio López, na presentación do evento.

O campionato galego universitario de deportes colectivos é un certame que recala por cuarta vez na capital luguesa, constitúe, segundo subliñou o reitor da USC, “unha oportunidade excepcional para que deportistas de élite compitan e compartan experiencias con outros deportistas afeccionados”. Trátase tamén dun certame a través do que a USC fai visible a súa “decidida aposta polo deporte”, engadiu Antonio López.

Agradecido pola colaboración institucional recibida, sen a que a resultaría imposible a celebración deste torneo deportivo, Antonio López aproveitou a presencia na sesión de directivos das diferentes federacións deportivas, así como de numerosos clubes e entidades deportivas de diversas disciplinas, para facer pública a súa gratitude pola boa acollida que están a ter os clubes da provincia de Lugo e de toda Galicia, nun plano máis amplo, respecto da aposta pola deporte que está a facer a USC. “Gran parte deste éxito é froito do labor que está a realizar Javier Rico, logo do seu nomeamento como delegado da USC para o deporte”, precisou López, quen tamén se referiu ao apoio recibido da Xunta de Galicia, Deputación Provincial de Lugo e Concello de Lugo, así como doutras empresas  como “unha axuda imprescindible para a celebración dos XXV Campionatos Galegos Universitarios de Deportes Colectivos na sede universitaria luguesa”.

As competicións das distintas disciplinas deportivas comezarán o día 7 de marzo, a partir das 10.00 horas, en diversas instalacións deportivas da capital luguesa, como son o Pazo Provincial, o pavillón do Seminario, a Casa do Deporte, o polideportivo do Palomar e o pavillón Municipal, as pistas polideportivas Gregorio Pérez Rivera ou os campos de fútbol municipais das Gándaras.

A competición rexerase polo formato dunha liga entre os tres equipos que representan a cada unha das tres universidades galegas. Ao remate de cada xornada de competición, o auditorio de Veterinaria acollerá os días 7 e 8, a partir das 16.00 horas, a entrega de medallas e trofeos aos participantes.

Deportes lugo usc
0.1711049079895