Lugo acolle a cónsul de Arxentina nunha recepción institucional

LugoXa
O encontro destacou a integración da comunidade arxentina na vida social e cultural da cidade
170925 recepción cónsul de Arxentina en Vigo
17 Sep 2025

O alcalde de Lugo, Miguel Fernández, recibiu no Concello a Silvina Montenegro, Cónsul de Arxentina en Vigo con xurisdición en Galicia, Asturias, León e Zamora, nun acto que subliñou a presenza e implicación da comunidade arxentina na cidade.

Durante a reunión, Fernández falou co colectivo de arxentinos residentes en Lugo, destacando o importante labor de adaptación e socialización que desempeñan, tanto de inmigrantes como de retornados de Arxentina e Uruguai, e lembrou a actividade da asociación de Rioplatenses de Lugo, que en maio celebrou o seu décimo oitavo aniversario.

O rexedor municipal, acompañado polo concelleiro de Dinamización Económica e Relacións Institucionais, Mauricio Repetto, destacou a integración da comunidade arxentina na vida social e cultural da cidade e puxo de manifesto a disposición do Concello para apoiar ás persoas inmigrantes.

Fernández explicou tamén as iniciativas do Goberno Local, como a posta en marcha da Concellería de Movementos Migratorios, dirixida por Waldir Sinisterra, co obxectivo de fomentar a integración e a socialización dos colectivos arxentinos en Lugo.

⚙ Configurar cookies
0.09935188293457