Lugo acolle a estrea de 'Boa sorte, mala fama', de Tarabela Creativa

LugoXa
A presentación será este domingo no Auditorio Gustavo Freire e, posteriormente, percorrerá os concellos da Pobra do Brollón, Taboada, Quiroga e Meira.
presentacion de tarabela creativa
29 Jan 2024

A presentación será este domingo no Auditorio Gustavo Freire e, posteriormente, percorrerá os concellos da Pobra do Brollón, Taboada, Quiroga e Meira.

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo achega á provincia a montaxe Boa sorte, mala fama, unha representación teatral que se estrea este domingo ás 18:30 horas no Auditorio Gustavo Freire de Lugo. A área de Cultura apoia este proxecto que, tras dous anos de investigación, lle dá unha nova visión á emigración galega, centrándose no rostro menos institucional.

A deputada de Cultura, Iria Castro, e a concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua de Lugo, Maite Ferreiro, presentaron esta iniciativa xunto aos seus impulsores e responsables de Tarabela Creativa, Carmen Conde e Diego Gallego. Tras a estrea en Lugo, a montaxe poderá verse nos concellos da Pobra do Brollón, Taboada, Quiroga e Meira, que

Castro destacou a importancia de achegar “a cultura e, en concreto o teatro, aos concellos para que cada unha das veciñas e veciños da provincia poidan ter alternativas de ocio preto dos seus fogares. Unha aposta que mantemos dende a Vicepresidencia co obxectivo de suprimir, na medida do posible, as desigualdades entre a veciñanza”.

Pola súa banda Ferreiro celebrou a “importancia de acoller a estrea deste proxecto, único, na cidade de Lugo dentro da programación cultural do Auditorio Gustavo Freire, que achega a Lugo as producións de artes escénicas de mellor calidade feitas na Galiza, xunto cunha coidada selección de propostas premiadas en importantes festivais”

“Boa sorte, mala fama” é unha traxicomedia en galego dirixida por Carmen Conde, que tamén participa na representación (narración oral), xunto a Mariña Pena (elenco) e Nastasia Zürcher (música ao vivo). A produción conta con colaboración de profesionais lucenses como Ezequiel Orol no son, Bieito ICN na escenografía, Sabela Eiriz na fotografía, Lola Saltatore na coreografía e Los alfileres de Elia no vestiario. O Mago Rafa realizou a asesoría máxica e Marta Castro foi a encargada do deseño de identidade.

Sinopse

Sempre se soubo, claro está, que as anduriñas son aves de bo agoiro, que alí onde aniñan traen fortuna, que anuncian a primavera e que os mariñeiros as tatuaban na pel por cada travesía da que lograban retornar. Pouco se fala, en cambio, do molestas que se lle fan a moita xente co seu canto agudo e co seu xeito de enchelo todo de excrementos. Por iso estas aves dan boa sorte, pero teñen mala fama. Ningún outro animal se parece tanto aos emigrantes galegos: estamos en cada continente, vivimos facendo colonias, temos na cabeza o camiño de volta a casa e marchamos por necesidade. E, igual que as anduriñas, gañamos mala fama, aló onde fomos buscar a nosa boa sorte. Este espectáculo nace da necesidade de contar, precisamente, aquelo do que pouco se fala.

Trátase dunha traxicomedia en tres actos: Acto primeiro, os tratos; acto segundo, os maltratados e acto terceiro, os retratos. Nos que facendo unha cartografía e un percorrido a través de diferentes épocas e persoas se contará a historia máis “incómoda” da nosa emigración. Empregando para isto tres disciplinas: a narración oral, que será o fío condutor), a música ao vivo (que fará que o público se localice naquelas outras realidades e sensacións que atravesamos) e na interpretación actoral (coa que se poñerá corpo ás palabras e coa que se traballa na metáfora do espello e do reflexo como leit motiv). Tres mulleres en escena para representar cada unha dende a súa disciplina o rostro menos institucional da emigración galega.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.18603301048279