Lugo acolle a mostra 'Obscuración de algún cuerpo planetario' do artista Camilo Mutis Canal

LugoXa
'Obscuración de algún cuerpo planetario' é unha exposición de palabras, versos, imaxes, texturas e arquivos de tres proxectos
solaina-fachada
21 Apr 2025

A mostra 'Obscuración de algún cuerpo planetario' do artista colombiano Camilo Mutis Canal será inagurada este venres, 25 de Abril, ás 19.00 horas, no espazo Solaina de Lugo.

Ademais, o evento irá acompañado dunha performance que se realizará ao final da inauguración, ás 21.00 horas.

'Obscuración de algún cuerpo planetario' é unha exposición de palabras, versos, imaxes, texturas e arquivos de tres proxectos: Páramo, La Miscelánea de Mutis e Plantas flamencas de sol Morado. Estos teñen en común o plano experimental da edición e, dende exploracións gráficas e literarias, relacionan memorias persoais, xeografías, teorías, poemas, cantes e relatos colectivos.

Os materiais nos que interveñen estes proxectos dan conta de contornas e apreciacións particulares que, ao mesturarse, xorde unha linguaxe sobre o territorio que non é descriptiva.

"Un vínculo estrano entre os páxaros, as plantas, os astros e as memorias. Un inventario sen orde. Unha linguaxe científica de supersticións", explican.

A exposición convida aos asistentes a rebuscar mensaxes e xerar mesturas, aproximándose á ciencia como poética e á palabra como unha forma de xeografía.

⚙ Configurar cookies
0.17054605484009