Lugo acolle a novena edición das xornadas ‘Cultura e tradición no Camiño’ organizadas por Traxandaina

LugoXa
A programación, apoiada pola Xunta, inclúe obradoiros de artesanía, exposicións e actividades divulgativas sobre o legado cultural vinculado ao Camiño de Santiago
Cultura-y-tradición-en-el-Camino-Traxandaina-Lugo
6 Oct 2025

A novena edición das xornadas Cultura e tradición no Camiño, unha iniciativa impulsada polo Grupo Etnográfico Traxandaina co apoio do Goberno galego, está a desenvolverse en Lugo.

O programa arrancou cun obradoiro de cestaría e coa participación de representantes da asociación de teitadores de Piornedo, que compartiron o seu coñecemento sobre esta técnica tradicional.

Ademais, estivo marcada pola celebración do primeiro Filan-doiro San Froilán, un encontro no que diversos expertos afondaron na historia e na influencia do santo tanto na cidade de Lugo como en León.

As actividades continuarán ata o sábado 11 de outubro na Oficina de Turismo e no Centro de Interpretación do Camiño da Xunta, situados no barrio da Tinería.

O calendario inclúe unha exposición de corozas, colchas e traxes tradicionais, así como varios obradoiros artesáns nos que tomarán parte usuarios de centros de maiores e alumnado de diferentes centros educativos, co obxectivo de fomentar o coñecemento e a preservación das tradicións galegas.

⚙ Configurar cookies
0.080955982208252