Lugo acolle a presentación de ‘Insomnia’, o novo fotopoemario de Luís Valle

LugoXa
O autor dará a coñecer a obra este venres na librería Trama acompañado por Abraham Pérez
Presentacion-insomnia-Lugo
5 Feb 2026

Este venres, 6 de febreiro, a librería Trama de Lugo converterase no escenario da presentación de Insomnia, o novo libro de poesía de Luís Valle publicado por Edicións Malafera.

O acto comezará ás 19:00 horas e contará coa presenza do propio autor, que estará acompañado por Abraham Pérez nun encontro aberto ao público.

Insomnia preséntase como un fotopoemario que explora ese territorio íntimo e ambiguo situado entre a vixilia e o delirio, un espazo no que a palabra poética e a imaxe dialogan para construír unha experiencia marcada pola intensidade sensorial e a reflexión interior.

⚙ Configurar cookies
0.081218957901001