Lugo acolle a primeira exposición en Galicia do pintor cubano Hanoi Vidal

A Delegación Territorial da Xunta en Lugo acolle ata o 30 de abril unha exposición de pintura do artista cubano Hanoi Vidal, que foi inaugurada esta mañá coa presenza do propio autor, do delegado territorial da Xunta, Javier Arias, e doutros representantes institucionais.
A mostra reúne máis de 40 obras creadas por Vidal nos seis meses que leva residindo en Lugo, tras deixar a súa Cuba natal. A través dun estilo expresivo que bebe do arte naif e pop, o pintor plasma nas súas obras as vivencias da emigración e o seu día a día na cidade lucense, ofrecendo unha mirada fresca, colorida e emotiva da súa nova realidade.
A exposición poderá visitarse na sala de exposicións da Delegación Territorial da Xunta en Lugo, en horario de luns a venres de 9:00 a 20:00 horas, e os sábados de 9:00 a 14:00 horas. A entrada é libre.