Lugo acolle a proxección de 'A Loita Final' coas súas creadoras Mabel Rivera e Enrique Banet

Ecoloxistas Galicia “Atlántica e Verde” convida a toda a poboación a achegarse este venres ás 19.00 horas ao Vello Cárcere de Lugo para a proxección do documental A Loita Final, seguida dun debate enriquecedor coa presenza das súas autoras, Mabel Rivera e Enrique Banet.
O proxecto audiovisual, froito do traballo altruísta destes destacados profesionais do teatro e o cinema, aborda as consecuencias do proxecto de Altri&Greenalia e defende un modelo de rural sostible baseado en agricultura ecolóxica, recuperación de sementes tradicionais e alimentos de proximidade.
O documental resume de maneira didáctica o informe de 180 páxinas do Consello da Cultura Galega e xa está dispoñible en Internet, aínda que a asistencia ás proxeccións permite coñecer aos seus artífices, participar nos coloquios e desfrutar da experiencia na pantalla grande.
Economistas, botánicos, neurobiólogos, antropólogos e xeógrafos alertan das consecuencias negativas do proxecto na economía, saúde, medio ambiente e territorio de Galicia, ao tempo que denuncian os intentos de Altri e a Xunta de dar aparencia de cumprimento normativo.
Segundo Mabel Rivera, “se perdemos esta loita, perdémolo país”, facendo deste documental unha ferramenta imprescindible para a concienciación cidadá.