Lugo acolle esta noite o cine ao aire libre co filme 'Glengarry Glen Ross'

LugoXa
Localmente Lucense proxecta a primeira película dun ciclo de cine ao aire libre inspirador para emprendedores
28 Jun 2022

O Centro de Empresas e Innovación do Concello de Lugo -CEI Nodus- acollerá hoxe, martes 28 de xuño, ás 22.30 horas, a primeira proxección do ciclo de Cine ao aire libre, con películas inspiradoras para emprendedores.

O ciclo, que terá entrada gratuíta ata completar un aforo de 50 persoas, comezará coa película Glengarry Glen Ross. Continuará o 12 de xullo, con Margin Call, o 9 de agosto con En busca de la felicidad, e rematará o 23 de agosto con Abuelos. Estas tres últimas proxeccións terán lugar, ás 22.30 horas, no viveiro da Tinería.

Unha actividade enmarcada no movemento Localmente Lucense, que se impulsa desde a área de Desenvolvemento Local e Emprego, coa concelleira Ana González Abelleira ao fronte, enmárcase na Estratexia global de dinamización, reconstrución e reactivación da economía de Lugo, deseñada pola rexedora para paliar as consecuencias da crise provocada pola Covid-19.

A oferta desta actividade inclúe un total de catro proxeccións de títulos emblemáticos do cinema das últimas décadas, dirixidas a todo o público en xeral, pero concretamente a persoas con espírito emprendedor.

“Para pechar as xornadas de cine, están previstas charlas e coloquios ca finalidade de que os asistentes intercambien opinións sobre o filme ou cuestións de empresa que lles interesan ou preocupan”, explicou a edil.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.18577003479004