Lugo acolle esta tarde a VI Papanoelada Motera do colectivo Rozamurallas

LugoXa
As persoas participantes deberán ir disfrazadas de Papá Noel e percorrer a cidade de Lugo coas súas motos
Papanoelada-Lugo
22 Dec 2024

O colectivo Rozamurallas Lugo organiza esta tarde de 22 de decembro a VI Papanoelada Motera, que sairá do aparcadoiro das Termas e irá ata a praza de Augas Férreas

Desta maneira, as persoas participantes deberán ir disfrazadas de Papá Noel, percorrendo a cidade de Lugo coas súas motos. Ademais, este ano tamén haberá coches.

Esta iniciativa, que cada vez acolle máis participantes, é "moi bonita, xa que veñen as familias cos seus nenos e vennos saír e hai moita xente esperando a que chegue este evento anual", di Xairo, un dos organizadores, que tamén lembra que se lanzan caramelos para que os nenos e nenas desfruten dunha experiencia "parecida á cabalgata de Reis".

⚙ Configurar cookies
0.16271710395813