Lugo acolle este martes a proxección do documental 'Xove Democracia Nuclear'

LugoXa
O Pazo de San Marcos acolle o martes 19 de decembro (20.
18 Dec 2023

O Pazo de San Marcos acolle o martes 19 de decembro (20.00 horas) a proxección do documental Xove, Democracia Nuclear, sobre a mobilización contra o proxecto de construción dunha central nuclear no municipio mariñao nos anos setenta.

A proxección acompañarase dun coloquio e presentación na que participarán o director, o xornalista leonés Pedro Lechuga, e os exdirixentes de Comisións Labregas Emilio López, Milucho, e Mariña Rodríguez, que participaron nas mobilizacións e cuxos testemuños se inclúen no documental, xunto a unha ducia de persoas que viviron en primeira persoa un momento histórico na loita ecoloxista e nacionalista. A entrada será de balde.

Nos últimos dous meses, o documental, que contou co apoio da Asociación de Prensa de Lugo, foi proxectado nunha ducia de localidades, co apoio da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.

0.19829392433167