Lugo acolle este venres unha nova quedada sen móbil para a xuventude

LugoXa
Lugo acollerá a III quedada sen móbiles, actividade incluída no programa +Xti 2023, que subvenciona o Plan Nacional sobre Drogas.
quedada sen mobil lugo portada
29 Jun 2023

Lugo acollerá mañá a III quedada sen móbiles, actividade incluída no programa +Xti 2023, que subvenciona o Plan Nacional sobre Drogas adscrito á concellería de Xuventude, nesta ocasión co obxectivo de desintoxicar do dixital e demostrar que non necesariamente se necesita internet para divertirse.

A actividade está pensada para que, os participantes experimenten a desconexión, estando dúas horas e media sen utilizar o móbil, e fomentar un uso responsable dos dispositivos tecnolóxicos con pantalla que tanta atención concitan entre os nenos.

Sabemos que vivimos na era das pantallas e que forma parte da nosa vida cotiá. Con todo, podemos caer nun uso inadecuado e excesivo. Por iso con esta actividade dende o a área de Xuventude pretenden, concienciar aos mozos e mozas da necesidade de utilizar adecuadamente estes dispositivos.

A quedada, dirixida á mocidade de entre 14 e 35 anos, terá como punto de partida a praza do Camiño Primitivo, das 18:00 ás 20:30 horas. A inscrición é gratuíta, cun límite de 35 prazas, a través de www.lugomasxti.org.

A xornada, incluirá unha ruta polo Camiño Primitivo ao seu paso por Lugo, co guía local Guido, un pícnic saudable, unha actuación sorpresa e agasallos para os asistentes.

quedada sen mobil lugo

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.1868040561676