Lugo acolle mañá unha xornada do programa Xuntos contra a violencia de xénero

LugoXa
O programa Xuntos contra a Violencia de Xénero celebra unha nova xornada con charlas mañá xoves 22 ás 19.30 en Lugo
Xornadas violencia xenero portada
21 sep 2022

O programa Xuntos contra a Violencia de Xénero celebra unha nova xornada mañá xoves 22 ás 19.30. O acto que terá lugar no local da Federación de Asociacións Veciñais Lucus Augusti. 

Estas xornadas, que se realizaran por toda Galicia, consisten en charlas e coloquios con diferentes perfís profesionais para abordar a temática da violencia de xénero dende un enfoque multidisciplinar.  

No acto intervirán Maria Nuñez Torreiro psicóloga e terapeuta de vítimas de violencia de xénero, Paula Suárez Gullón perito xudicial en pedagoxía e psicopedagoxía clínica e un membro da comisaría provincial da policia nacional de Lugo. A xornada estará dirixida por María José Villamarín Santomé desde a CoGaVe.

Xornadas violencia xenero
0.050405025482178