Lugo acolle o I Torneo Internacional de Campións do Atlántico e Norte de Portugal

LugoXa
O Club Voleibol Emevé organiza o evento no pavillón municipal cun cuadrangular que se celebrará o 28 de xuño
I-Torneo-Internacional-de-Campións-Voleibol-Lugo
27 Jun 2025

O pavillón municipal de Lugo será escenario mañá, 28 de xuño, do I Torneo Internacional de Campións do Atlántico e Norte de Portugal, unha cita deportiva organizada polo Club Voleibol Emevé co apoio da Axencia de Turismo de Galicia.

A presentación oficial do evento contou coa participación do delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, e da presidenta do club anfitrión, Bibí Bouza.

O torneo reunirá as seleccións femininas Sub21 de España e Portugal, que compartirán pista co Emevé e o CV Ourense nun cuadrangular que comezará pola mañá, tras os adestramentos das seleccións. A final está prevista para as 18:00 horas e, a continuación, procederase á entrega de trofeos.

Javier Arias agradeceu ao Club Voleibol Emevé “o seu esforzo por atraer a Lugo eventos deportivos deste nivel, que axudan a promocionar desde a nosa cidade o voleibol galego e o deporte feminino da máxima categoría”.

As xogadoras da selección española Sub21 levan xa varios días na cidade, onde iniciaron a súa preparación para a vindeira competición europea, compartindo sesións de adestramento coas xogadoras do Emevé.

⚙ Configurar cookies
0.16252303123474