Lugo acolle o primeiro salón Expo Racing Galicia no Pazo de Feiras e Congresos
LugoXa
Javer Arias destacou que o Centro Integral de Formación Profesional (CIFP) As Mercedes tamén participará neste evento
15 Nov 2024
O delegado territorial da Xunta, Javier Arias, reuniuse coa presidenta da Escudería Miño, Maite Vilanova, para abordar a colaboración no primeiro salón Expo Racing Galicia, que se celebra esta fin de semana no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo.
O recinto acollerá durante as xornadas do sábado 16 e o domingo 17 exposicións de vehículos de competición, exhibicións, cursos, charlas e visitas de importantes figuras do mundo do rally.
Arias destacou que o Centro Integral de Formación Profesional (CIFP) As Mercedes tamén participará neste evento, ao que levarán o simulador de Fórmula 3 e o vehículo de competicións modelo Dallara F3 desenvolvidos por alumnado e profesorado do centro.