Lugo acolle o sábado a quinta edición do encontro de palilleiras

LugoXa
O sábado -27 de maio- celebrarase na Praza de Abastos de Lugo a Xuntanza de Palilleiras e Multilabores PalillAD.
ENCONTRO PALILLEIRAS PALILLAD LGO
26 May 2023

O sábado -27 de maio- celebrarase na Praza de Abastos de Lugo a Xuntanza de Palilleiras e Multilabores PalillAD, un encontro ao redor do encaixe de palillos organizado pola Asociación Agulla Máxica coa colaboración do Centro de Artesanía e Deseño e a área de Cultura do Concello de Lugo.

Trátase da quinta edición deste evento, que reunirá a unhas 300 palilleiras de vintecatro asociacións e colectivos de toda Galiza: distintas localidades das comarcas de Lugo, Sarria, A Mariña ou a Ribeira Sacra, e tamén de Vigo, Silleda, Ourense, Betanzos, Oleiros, Valdoviño, Cambre, Camariñas, Arteixo ou Cambados. O obxectivo do encontro é intercambiar e actualizar coñecementos ao redor dunha actividade que está a experimentar unha importante transformación impulsada polo mundo da moda, o deseño e a decoración.

A palillada, no baixo da Praza de Abastos, será de 10.30 a 14.00 horas e de 16.00 a 19.00 horas, con entrada aberta a todas as persoas interesadas en coñecer esta técnica. Ademais, instalaranse unha ducia de postos de venda de materiais e accesorios para encaixe e outras técnicas textís.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.20110106468201